Un dos costumes máis extendidos e habituais nas pequenas vilas galegas, ou non tan galegas, son as reunións veciñais. Dende sempre, os habitantes das vilas, reuníronse para tentar solucionar os seus problemas e discutir entre todos o que sería mellor ou peor para o pobo, e aínda hoxe, nunha sociedade moderna e con case todas as tecnoloxías (falta o ADSL), non hai nada mellor que reunirse nun lugar e falar pacificamente de todos os asuntos que nos preocupan ou que cremos que é posible mellorar.
Pois todo isto ven de que o BNG de Agolada, convocou para ista noite unha xuntanza de veciños no Centro Social para tratar sobre un feixe de asuntos relacionados con Agolada; como a ESO, o polígono, os servizos sociais…
Como sabedes, se sodes lectores habituais desta bitácora, o Concello d´Agolada está tristemente gobernado polo Partido Popular, polo que a reunión desta noite, non pasa de ser un simple acto social de irmanamento entre os poucos veciños que probablemente acudirán a tentar atopar un futuro mellor para esta vila e a súa xente, algo cada día máis dificil. Como digo cada vez que falo destos temas, será esta unha mostra de que Agolada mellora? Ou un simple espellismo nun deserto de vilas esquecidas e desertas?
Agárdovos esta noite no Centro Social ás 21:30.


Anuncios