Pois sí, aquí en Agolada seguimos a voltas coas lampreas. Moitos de vós, lembraredes que xa tratei sobre este tema alá polo mes de abril, cando comezou este extraño (non sei moi ben como calificalo) fenómeno.
Resulta que polo mes xa mencionado, comezaron a aparecer troitas marcadas con dentelladas de lamprea e incluso chegouse a atrapar a algún destes escorredizos peixes no encoro de Portodemouros, algo teoricamente imposible, xa que a lamprea non pode habitar nun encoro, sen comunicación co mar, tendo en conta que é unha especie subacuática que nace no río, emigra ó mar e volve a desovar ó lugar no que naceu antes de morrer, é dicir, ten un ciclo vital semellante ó do salmón que é máis coñecido.
Daquela, aínda que se barallaba tamén a opción da evolución (algo que xa ocorreu nalgúns lagos de América), é dicir, a adaptación do ciclo de vida por parte das lampreas, a hipótese da solta das lampreas era a que semellaba máis clara, pero dous meses despois dos primeiros achazgos, esta teoría desmorónase e, por que non, imponse a da evolución. Saberémolo proximamente en canto remate o séu estudio Fernando Cobo, profesor da USC, o encargado das investigacións.
A foto pertence á asociación Río Furelos.