Elo: “Cada unha das partes dunha cadea”. Blog comunitario do Blogomillo, no que todos os autores comparten algo. A última e a derradeira frase de cada post.

Esta é frase que da entrada ó blog Elos, un espazo único de opinión, xurdido hai case un ano, pero que nos últimos tempos, atópase en crise de publicacións. O blogue en cuestión, é colectivo e podese escribir sobre todo tipo de temas cunha soa condición, comenzar ca derradeira frase do último post. Cando o descobrín, a verdade é que me pareceu un sistema boísimo e moi divertido para escribir, polo que me apuntei de contado, aínda que ó final, non publiquei demasiado, tamén teño que recoñecelo. Sen dúbida, é unha auténtica mágoa que este tipo de blogs tan prometedores ao principio, remate dunha forma tan escura, pero en fin, todo o que hai na rede é pasaxeiro, iso sabémolo todos.
De calquera xeito, voltemos ó verdadeiro obxetivo deste post, revitalizar o blog-xuntanza, outro espazo que non ten ningunha pinta de recuperarse se non facemos nada, xa que dende que pasou a xuntanza, ninguén, eu incluído, voltou mostrar ningún tipo de interese por el, sobre todo ultimamente. Pois ben, eu quería propoñervos a todos os blogueiros que fustes á Xuntanza e incluso a outros que non foron, importar o “modelo Elos” para o noso blogue, é dicir, que cada un de nós se comprometa a escribir un número de entradas determinado cada certo tempo utilizando para iso a última frase da entrada anterior co fin de a nosa bitácora non morra e incluso para que se sigan a organizar máis xuntanzas dende ahí, ademais de darlle un rumbo á nosa bitácora. A mín paréceme boa idea, e a vós? Por favor, comentádeme o que pensades desta iniciativa que en breve teredes publicada tamén no blog-xuntanza.
Por certo, se vos gusta Elos, tamén podedes apuntarvos, máis información aquí.

Velaquí vos deixo a última entrada que publiquei en Elos, creo que non me quedou mal.

Eurocristifraga.
Vaia cousa, iso é o que penso eu que é a Eurocopa, unha cousa moi molesta e incómoda que só serve para amargarnos, por non dicir outra cousas, a parrilla de televisión. Os telexornais non falan doutra cousa, as portadas dos xornais están colapsadas, todo o mundo fala do mesmo… menudo coñazo! Aínda por riba, como á selección española vaille relativamente ben, todo o mundo vai e ilusiónase, como se fose tanta cousa que eses tíos estén en cuartos, en fin, que se lle vai facer. A ver se perden dunha vez e a xente recupera un pouco a cordura que boa falla fai. Outro tema que trae tolos ós periodistas e á sociedade en xeral, é a fichaxe de Cristiano Ronaldo, sí o portugués este tan famoso que últimamente temos ata na sopa, o mesmo que quere fichar o Madrid, que o Manchester non quere vender e que el mesmo non sei que quere, porque non se decide nin de coña. Disque vale noventa millóns, eu dende logo non os pago por el nin por ninguén, bueno, por alguén si, polo señor Fraga Iribarne que co activo que anda ultimamente ben os vale, mañá por exemplo, ten unha intervención no cogreso popular, haberá que ver que paridas di, eu dende logo espero a súa intervención con moito entusiasmo, esta noite case non durmín pensando en que mañá o ía ver tatexando catro perogrulladas que iso sí, causarán sensación. Ese home si que vale os noventa millóns e non Crisitiano Ronaldo. Que afortunados fomos por telo máis de vinte anos amargándonos a existencia.