Supoño que o título xa vos daría mala espiña ou polo menos vos faría pensar se pasa algo malo ou algunha cousa polo estilo, pois en rigor non, polo menos nada demasiado malo, simplemente, quería contarvos que estou pensando en deixar esta bitácora e comezar unha nova cunha orientación diferente e nas que tratarei outros temas máis globais, non só referidos á Agolada como veño tentando facer ata agora.
A verdade é que de tanto ver algúns dos vosos blogues, estoume decatando de que o meu non é demasiado atractivo, incluso para min mesmo, polo que me gustaría, collendo un pouco de todos, crear un novo blog, no que trate outros temas dos moitos que me interesan. A verdade é que todo esto igual non é máis ca unha fantasía pasaxeira, ou igual é algo máis e d´Agolada ten os seus días contados, pero de calquera xeito, para o meu posible futuro blog, necesito un nome, a verdade é que estaba pensando nalgo como: penso, logo existo, vivindo o futuro, millenium, sen futuro e sen un duro… non sei, algo orixinal ou divertido, pero excepto; penso, logo existo, os outros nomes non me convencen o máis mínimo, polo que preciso da vosa axuda para atopar un nome que realmente me guste por se me decido a facer o cambio, por favor, axudádeme decíndome nomes, cantos máis mellor, ó mellor o meu futuro blog leva un deses nomes.
Ademais, aquí vos deixo as fotos da noite do San Xoán, a verdade é que o pasasmos moi ben, o malo foi que non houbo moita xente. As primeiras son durante a sardiñada e o resto, da fogueira e de como a saltaron os máis valentes.