Pois si amigos, como todos os anos por estas datas, aquí en Agolada celebramos o San Pedro, a nosa festa, de feito, xa só quedan dous días (onte foi o primeiro).

Como xa dixen anteriormente, tampouco é cuestión quedar como un hipócrita, eu non son partidario deste tipo de actos, de feito non me gustan demasiado, aínda que si que teño que recoñecer que estas celebracións teñen un lugar asegurado na miña axenda, ben sexa porque é inevitable non participar nun acto que se leva a cabo diante da túa residencia ou por non perder o costume, que sei eu…. De calquera xeito, as festas deste ano son, directamente, un desastre (inicialmente puxen outra palabra), e iso que xa non tiñan o listón moi alto anteriormente. Ata tal punto chegou a, como chamarlle, tal vez, falta de previsión, que ata hai pouco non se sabía se ía haber a mencionada festa, os orzamentos son un desastre e o número de actos, actuacións… irrisorio.
Desta vez non sei se a culpa desta calamidade a ten o concello, os veciños que somos moi tacaños, a crise ou todo un pouco, en calquer caso, gustaríame agradercelle á comisión de festas o esforzo realizado, xa que, a pesares de todas as dificultades posibles, fixeron todo o posible, para que polo menos, teñamos festa, grazas.


Anuncios