Pois si amigos blogueiros, o San Pedro rematou onte, ou mellor dito, esta madrugada. Tras tres días de festa, a vila comeza a recuperar a normalidade. A verdade é que as festas resultaron ser moi pouco interesantes, polo menos dende o meu punto de vista, posto que a asistencia de xente foi moi baixa, non lembraba tan pouco xente nun San Pedro, de feito, segundo dicían os máis vellos, nunca houbera tan pouca xente, é máis tendo en conta que o tempo acompañounos, en fin, un desastre. Como ía dicindo a asistencia de xente foi moi baixa, as orquestas non resultaron ser moi boas aínda que cumpriron e os outros tipos de actuacións típicos deste tipo de festas foron moi escasas aínda que bastante aceptables.
En total contamos coa actuación de tres bandas, catro orquestas, un grupo de percusión, xogos infantís, unha obra de teatro e varios partidos de futbol sala.
A pesares de todo, estes “problemas” non impediron que a xente o pasara ben e se divertise, que a fin de contas, é o verdadeiro obxetivo dunha festa.
Bueno, velaquí vos deixo unhas fotos das festas, sinto só ter unha da noite, pero é que non levei a cámara.

O partido de fútbol sala.

A banda Solúa

Os xogos infantís na rúa.

A obra de teatro.

As atraccións de feira.

Os feirantes recollendo.


Anuncios