You are currently browsing the category archive for the ‘Datas destacables’ category.

Pois si amigos blogueiros, o San Pedro rematou onte, ou mellor dito, esta madrugada. Tras tres días de festa, a vila comeza a recuperar a normalidade. A verdade é que as festas resultaron ser moi pouco interesantes, polo menos dende o meu punto de vista, posto que a asistencia de xente foi moi baixa, non lembraba tan pouco xente nun San Pedro, de feito, segundo dicían os máis vellos, nunca houbera tan pouca xente, é máis tendo en conta que o tempo acompañounos, en fin, un desastre. Como ía dicindo a asistencia de xente foi moi baixa, as orquestas non resultaron ser moi boas aínda que cumpriron e os outros tipos de actuacións típicos deste tipo de festas foron moi escasas aínda que bastante aceptables.
En total contamos coa actuación de tres bandas, catro orquestas, un grupo de percusión, xogos infantís, unha obra de teatro e varios partidos de futbol sala.
A pesares de todo, estes “problemas” non impediron que a xente o pasara ben e se divertise, que a fin de contas, é o verdadeiro obxetivo dunha festa.
Bueno, velaquí vos deixo unhas fotos das festas, sinto só ter unha da noite, pero é que non levei a cámara.

O partido de fútbol sala.

A banda Solúa

Os xogos infantís na rúa.

A obra de teatro.

As atraccións de feira.

Os feirantes recollendo.


Anuncios

23 de xuño, hoxe é o San Xoán, unha das numerosas festas que se celebran aquí, en Agolada, aínda que neste caso, a esta festa celebrarase tamén en outras aldeas como Val, pero xa vos contarei despois.

Pois ben, como todos os anos por estas datas, celebramos o San Xoán cunha sardiñada nos Pendellos, música, xente, sardiñas, viño… toda unha festa, tal vez unha das máis concorridas das que celebramos nesta vila. Sen ningunha dúbida, toda unha oportunidade para desfrutar e pasalo ben todos xuntos.

Pero como ben dixen antes, esta festa celébrase en Val, onde o acto de semellantes características ó d´Agolada foi organizado pola Asociación Lucerna, e digo foi, porque nesta pequena aldea, a sardiñada levouse a cabo o sábado 21 posto que como a maioría dos pertercentes a esta asociación viven fóra, asistir a unha festa un luns resultaríalles imposible, algo que tamén debería ter tido en conta o Concello d´Agolada xa que aquí a xente tamén traballa, pero en fin, aquí ninguén pensa nunca nada. Pois o dito, semella que o San Xoán goza de gran éxito neste concello, agárdovos esta noite nos Pendellos.

A foto é do San Xoán deste ano, na próxima entrada contareivos como foi todo.


Como todos os anos, comezou a primavera, época de plantas en flor, época de aumentos das temperaturas con respecto ó inverno, época de alerxías para os desafortunados que as padecen, época de árbores verdes e cheos de follas tralo paso do inverno, época de…
En Agolada xa se comeza a notar a chegada da primavera, refírome no caso da natureza claro, e as árbores e prantas en flor son cada vez maís frecuentes a pesares das escasas precipitacións que este ano caeron na nosa vila. Tamén nesta época comeza a longa tempada de festas en Agolada, hoxe por exemplo temos festa en Brántega e aínda que non me sei o calendario enteiro, a partires de agora as festas sucederánse unhas ás outras cada vez con maior velocidade.

É curioso o efecto que a primavera provoca en todos nós, e non me refiro só ós aspectos físicos como os que xa mencionei, senón que en xeral fai que nos mellore o humor, que vexamos máis positivamente as cousas, en definitiva, que nos sintamos mellor con nós e co noso entorno ó contrario do que sucede no inverno no que o frío e os ceos nubrados nos fan máis complicado o día, polo menos no meu caso, aínda que supoño que haberá persoas que prefiran todo o contrario. De calquera xeito, eu penso que o mellor da primavera é que xa falta menos para o verán.

Por certo, as fotos son de Quián (Carmoega) no concello d´Agolada.

Pois si amig@s , xa voltou chegar a Semana Santa. Esa época de celebracións relixiosas que cada vez teñen menos sentido relixioso e que ano tras ano nos fai disfrutar duns días de festa e de vacacións. Época de procesións, de actos relixiosos, de…

Aquí en Agolada como todos os anos non se celebra nada que non teña que ver estrictamente coas misas, e para iso xa grazas porque o señor cura non é precisamente unha marabilla, é dicir, non se celebran procesións, nin nada polo estilo a diferencia do que ocorre en moitas localidades tanto españolas como galegas. Isto a min persoalmente non me afecta tanto coma outros temas, posto que son bastante selectivo coas cousas nas que participo, tal vez en exceso, e o de levar un santo ás costas e ir vestido de… ( non atopo ningún simil para comparar) por fe relixiosa non é precisamente o meu estilo, especialmente o segundo. Pero como agolense, sinto profundamente que non se leven a cabo este tipo de actos, xa que aínda que eu non me animase a participar directamente estou seguro de que a máis de un lle encantaría sumarse á festa e incluso cun pouco de sorte habíamos conseguir saír nalgunha televisión e co paso do tempo converter a nosa Semana Santa nun acto cultural interesante que atraese xente, polo menos, dos arredores. Si, soñar é posible, pero cos dirixentes políticos incapaces de ter algún tipo de iniciativa ou de levala a cabo se lla proporcionan que temos en Agolada esto será un sono, un sono polo menos ata que as cousas cambien, a pregunta é: Cambiarán?

Por certo as fotos son de Sevilla.

Outro ano máis chegou o Entroido, ese tempo no que nada é o que parece, no que nos vestimos do que non somos, do que nos fai gracia ou do que nos gustaría ser, ese tempo no que podemos dicir e facer cousas que noutras datas non poderíamos dicir nin facer, ese tempo no que comemos cocido, filloas, orellas, e outras exquisiteces semellantes, ese tempo no que…

Este ano en Agolada, o Entroido celebrouse con dous desfiles polas rúas do pobo, un promovido pola escola e outro polo concello. En ambos a xente, sen dúbida, o mellor da vila engalanada con traxes moi vistosos puxo a animación e o ambiente a esta festa facendo que todos disfrutásemos coma se fósemos rapaces.

Outro ano máis podemos decir que rematou o Nadal, é dicir que se acabaron as ceas e comidas coa familia e amigos, os días festivos ou as vacacións dos máis afortunados, os anuncios de colonias e xoquetes, o suposto bo ambiente que nos invade durante esas datas e moitas cousas máis, algunhas boas e outras non tanto. Dese tempo xa só nos quedan as lembranzas e no meu caso tamén as fotografías como as que mostro abaixo de como estaba Agolada nesas datas e da cabalgata do día de Reis.

O calendario

agosto 2019
L M X J V S D
« Jul    
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  

Estadísticas do caderno

  • 579 visitantes
Anuncios