You are currently browsing the category archive for the ‘O blog’ category.

Supoño que o título xa vos daría mala espiña ou polo menos vos faría pensar se pasa algo malo ou algunha cousa polo estilo, pois en rigor non, polo menos nada demasiado malo, simplemente, quería contarvos que estou pensando en deixar esta bitácora e comezar unha nova cunha orientación diferente e nas que tratarei outros temas máis globais, non só referidos á Agolada como veño tentando facer ata agora.
A verdade é que de tanto ver algúns dos vosos blogues, estoume decatando de que o meu non é demasiado atractivo, incluso para min mesmo, polo que me gustaría, collendo un pouco de todos, crear un novo blog, no que trate outros temas dos moitos que me interesan. A verdade é que todo esto igual non é máis ca unha fantasía pasaxeira, ou igual é algo máis e d´Agolada ten os seus días contados, pero de calquera xeito, para o meu posible futuro blog, necesito un nome, a verdade é que estaba pensando nalgo como: penso, logo existo, vivindo o futuro, millenium, sen futuro e sen un duro… non sei, algo orixinal ou divertido, pero excepto; penso, logo existo, os outros nomes non me convencen o máis mínimo, polo que preciso da vosa axuda para atopar un nome que realmente me guste por se me decido a facer o cambio, por favor, axudádeme decíndome nomes, cantos máis mellor, ó mellor o meu futuro blog leva un deses nomes.
Ademais, aquí vos deixo as fotos da noite do San Xoán, a verdade é que o pasasmos moi ben, o malo foi que non houbo moita xente. As primeiras son durante a sardiñada e o resto, da fogueira e de como a saltaron os máis valentes.










No blog de Fini, publicouse hai pouco estas normas, ou mellor dito, ideas e ideais sobre o mundo dos blogs, e que quero publicar co fin de difundir e promocionar un modelo de blog solidario e que non ofenda a ninguén, velaquí volas deixo.

En vista de recentes acontecementos na blogosfera, os abaixo asinante, administradores/as de blogs persoais de fala hispana do mundo enteiro, queremos expresar o noso rexeite ó uso deste medio de comunicación para xerar odio, crear enemistade, facer dano, difamar, inxuriar, insultar e para enganar.

Rexeitamos:

-A suplantación da identidade nos blogs e na Internet, en xeral, como medio para desprestixiar a unha persoa e sembrar a desconfianza entre as súas amizades e lectores.

-O uso do correo electrónico e dos blogues como medio rápido de desprestixio das persoas, facendo circular en masa e indiscriminadamente mensaxes cheos de acusacións das que en ningún momento se presenta proba algunha, pola pura intención de facer dano a alguén con quen exista unha enemizade persoal.

Apoiamos:

-Un modelo de blogue no que por suposto se defenda a xustiza, pero no que tamén se cultiven sobre toda a amizade e o bo ton e a cortesía entre os que participen nel de un modo ou doutro.

-Un modelo de blog libre de insultos, de odio e de cizaña, e en consecuencia, apoiamos o dereito absoluto do administrador do blog a suprimir e rexeitar calquera comentario que se deixase coa sola intención de facer dano ou facer dano a terceiros impunemente.

-A denuncia ante as autoridades nacionais dos casos de difamación, inxurias, ameazas e outros que se aprobeiten do anonimato de Internet para facer máis dano con menor risco.

Pedimos ós nosos lectores e lectoras, amigos e amigas.

-Que reproduzan este post nos seu blogues e engada a súa sinatura como reforzo dun ambiente grato e pacífico nos seus blogs.

-Ás autoridades dos distintos estados que non permitan a impunidade no uso do blog e de Internte en xeral como instrumento de mentiras, difamacións nin ameazas.

-Ás distintas plataformas que aloxan blogs en toda a rede que habiliten os mecanismos precisos para impedir que no futuro as maniobras daninas que aquí denunciamos.

Os administradores de blogs que participamos nesta iniciativa colaboraremos en canto nos sexa posible no descubrimento e na denuncia dos casos que se presenten dos aquí mencionados, e pedimos para elo a colaboración e a boa fe de todos.

Asinado, os administradores e administradoras de:

http://www.chupateesamandarina-chych.blogspot.com/, Argentina

http://www.cinecuentos.blogspot.com/, Uruguay

http://www.drgoliamiguel.blogspot.com/, Argentina

http://www.elchologranhermano.blogspot.com/, Argentina

http://www.encendidaenbuenosaires.blogspot.com/, Argentina

http://www.sentado-frente-al-mundo.blogspot.com/, Ecuador

http://www.tenasantiago.blogspot.com/, España

http://anabelio.blogspot.com/, España

http://lagrimasdemar.blogspot.com/, España

http://ficalmo.blogspot.com/, España

http://www.dagolada.blogspot.com/, Galiza

Se estades de acordo, xa sabedes, copiar e pegar.

En primer lugar, os pido perdón por no escribir esta entrada en gallego y romper así con la costumbre, pero no me pareció apropiado traducir una historia escrita originalmente en castellano.
Resulta que he sido elegido por Markesa de Merteuil para continuar con la iniciativa “La historia interminable”, cuyas normas os muestro a continuación, consistente en la elaboración de una historia entre muchos blogueros con la aportación de dos frases por parte de cada uno de ellos.
Las reglas son las siguientes:
1. Cada persona pondrá el nombre de su blog delante de sus frases.
2. Enviará la historía a dos personas.
3. Las siguientes personas, al copiar el post, borrarán las direcciones de blog puestas, harán sus dos líneas y se las mandarán a otras dos, así sucesivamente.
4. No se puede devolver el post a la persona que te lo envio.
5. Y si te vuelve a tocar, no se la puedes enviar a la misma persona que se la enviaste.
6. El blog número 100 terminará la historia y se la mandará al email leinad19xico@hotmail.com.
7. Si tenéis alguna duda ya sábeis donde localizarme.
8. ¡Ah! Última y muy importante regla, la persona a la que aviseis de que es la siguiente, sólo tiene un día para coger el relevo, si en un día no lo ha hecho no vale, y se lo teneis que comunicar y cambiar de blog.Si esto sale bien, durará un máximo de 100 días y serán unas 1000 frases. El responsable de la idea es http://www.melees.blogspot.com/.
Éste es el relato:
Era impensable, no me lo podía creer, mi mente daba vueltas una y otra vez y no conseguía ser consciente de lo que había pasado, ya no había vuelta atrás, era todo tan confuso. Miré durante unos instantes el martillo ensangrentado, lo envolví en un paño que encontré en el primer cajón de la cómoda y lo escondí en el fondo del armario. A los tres minutos me encontraba en la calle, necesitaba airearme, pensar…En aquellos momentos mi mente aún no estaba preparada para ello… el aire gélido de la mañana cortaba mi rostro como un cuchillo acerado, aún sentía en mi pecho el ritmo acelerado de mi corazón sobresaltado por los espeluznantes hechos que había, en fracciones de segundo, vivido…Aún no podia explicarme cómo demonios había llegado el martillo hasta mis manos y porqué reaccioné de la forma tan brutal como lo hize… Sólo sé que había acabado todo, que era el fin de mi tortura y el comienzo de una vida mejor. Por primera vez, me senti libre.Habia logrado lo que estaba deseando hace mucho tiempo. ¿O realmente yo no lo había deseado nunca? Solamente las circunstancias me habían hecho llegar a aquel extremo en el que me encontraba. No, seguro que detras de todo aquello habia una fuerza misteriosa que me apoyaba. La pregunta era ¿Por que?. Sacudí la cabeza.No me debía engañar por mas tiempo, no, yo yá se mi verdad, pero al estar dormitando tantos segundos de mi vida me vá a costar desperezarla. Tal vez, la bruja de mi suegra no merecía brecha de tales dimensiones en su cráneo. Sin embargo, por una vez, creía haber hecho lo correcto. Por otra parte si yo no la hubiese atacado a ella quizás ahora sería yo la victima. Porqué a decir verdad la relación con mi suegra siempre había sido de amor-odio.Pero ya habia pasado todo y no era hora de pensar en “si hubiera sido de otra forma”. Ahora tenia que esplicarle a mi pequeña hija Andrea que ya no veria mas a su malvada y querida abuelita. Sentí un ruido lejano, parecían las agujas de un reloj y esto hizo que me sobresaltara. Estaba un poco aturdida, se trataba sólo de un mal sueño? Me dirigí al último cajón donde creía haberlo guardado y…….Markesa Merteuil: toqué algo frío y húmedo. Algo extrañamente húmedo en un cajón. d´Agolada Retiré la mano instantáneamente, me asusté, aquel objeto no me resultaba familiar, pero la duda me carcomía por dentro. La eterna lucha entre la curiosidad y la prudencia, pues yo, en el fondo, sabía que debería cerrar ese cajón para siempre y olvidarme de lo que había tocado, pero no fui capaz de resistirme y volví a introducir temblorosamente la mano……..
La verdad es que la historia está realmente interesante ¿Qué es lo que abrá en el cajón?, estoy seguro de que las siguientes personas, sabrán continuar con esta historia a la perfección:
Por cierto, muchas gracias por confiar en mí, Marquesa, me ha encantado participar en esta iniciativa.


Onte leveime un dos maiores desgustos dos últimos tempos, cando cheguei á casa descubrín que o meu ordenador non funcionaba. O caso é que o deixara acceso gran parte da tarde mentres ía a… ímoslle poñer un incómodo acto social e cando dúas horas despois cheguei á casa atopeime co ordenador apagado. Sorprendido e amolado por esto, volvín dárlle ó botón de acceso, a máquina non funcionou. Comprobei todo tipo de conexións, pero non houbo maneira, ó final dino por imposible, o meu querido ordenador pasará polo servicio de reparacións. Aínda non teño o diagnóstico, pero non parece nada bo, por agora terei que agardar. O peor de todo isto é que me quedo sen plan para gran parte do día, de feito ata que o reparen, se ten solución, non vou practicamente poder visitar as vosas bitácoras, e de feito, case non vou poder escribir, aínda que esto último dependerá de como este a ocupación dos ordenadores da Casa da Cultura d´Agolada.
Como poderedes ver, fixen algúns cambios na plantilla, ou mellor dito, cambieina enteira. Decanteime por un modelo de tres columnas en vez do de dous que tiña antes, motivo polo que básicamente fixen este cambio.
A verdade é que por agora non me gusta como me está quedando, pero aínda non rematei as modificacións, é máis, penso que ó mellor aínda a volvo cambiar.
Din que os cambios son bos, que é importante cambiar, agardo que no meu caso ese cambio fose para mellor e que vos guste o novo deseño. Así mesmo, anímovos a criticar ou aportar opinións no caso de que non vos resulte demasiado atractiva ou se sabedes con que mellorala, pídovos que me digades como.

Onte e hoxe leveime unha das maiores alegrías dende que escribo neste blog, que por certo mañá está de aniversario, xa hai 4 meses dende que empecei, recibín o meu primeiro premio! (onte) e o segundo hoxe. A ledicia que sentín non son capaz de describila con palabras, só podo dicir que me fixo moitísima ilusión e que me aledo moito de que consideredes que este blog é digno de tal honor.
O primeiro dos premios (Premio Brillante Weblog) concedeumo o “Espacio de doña Manolita”, un blog moi interesante e divertido que vos recomendo a todos: http://espaciodedonyamanolita.blogspot.com/

E o segundo (Premio que te pique un pollo) regaloumo ” El blog de Fini”, outro blog que tamén vos recomendo a todos e no que se fala sobre todo tipo de temas e que conta cunha presentación excepcional.

A recepción destos premios, implica unha serie de condicións que vos poño abaixo, e unha delas é que o receptor ten que concederllo a outra serie de blogs, e os gañadores son:
El blog de Fini: www.ficalmo.blogspot.com
Chimenea Verde: www.chimeneaverde.blogspot.com
Chousa da Alcandra: www.chousadaalcandra.blogspot.com
Relixión? non grazas, prefiro pensar: www.morrinha.blogaliza.org
Veca: www.deliriosuniversales.blogspot.com
Quero ser libre como as bolboretas: www.enmeigada.blogspot.com
O berce das Fasdas: www.bercedefadas.blogspot.com
El bosque del druida: www.druidceo.blogspot.com
Sailor girl: www.atlanticoazul.blogspot.com
El blog de Sibyla: www.elblogdesibyla.blogspot.com
Mi pueblo y yo: www.nestor-mipuebloyyo.blogspot.com
Navicularia: www.navicularia.blogspot.com
Querer es poder: www.ana-appg.blogspot.com
Hádex: www.adlucumagisti.blogspot.com
Interpreta- sones: www.interpreta-sones.blogspot.com
Cris: www.elsegundodecris.blogspot.com (Neste caso, concédolle o premio a todos os seus blogs, que non son poucos, xa que todos son estupendos)
Zanfonista: www.zanfonista.blogspot.com
Leoeosseus: http://www.leoeosseus.blogspot.com/
Cuspedepita: http://www.cuspedepita.blogspot.com/

La Markesa de Merteuil: http://www.markesamerteuil.blogspot.com/
Aopedofarelo: http://www.ospendellos.blogspot.com/
Asbeirasdoarnego: http://www.asbeirasdoarnego.blogspot.com/
Ith: http://www.terradebreogan.blogspot.com/
Pai do vento: http://www.paidovento.blogaliza.org/
Teseo y el miniotauro: http://www.teseoyelminotauro.blogspot.com/
A cova do raposo: http://www.poemasdacova.blogspot.com/
Espazo de suso lista: http://www.susolista.blogspot.com/
La vida a Cuestas: http://www.vermella-lavidaacuestas.blogspot.com/
Mencía: http://www.sanmartindobolo.blogspot.com/
Aquamlatam: http://www.aquamlatam.blogspot.com/
Pau: http://www.ascostasdepau.blogspot.com/
Vagalú: http://www.vagalu.blogspot.com/

Sen dúbida hai máis blogs que o merecen, pero tampouco quero pasarme, que creo que xa o fixen de máis, outra vez será…
Supoño que algún de vos xa terá o premio ou como no caso de Fini, só pode recibir un dos dous, pero iso non importa, o importante e que tedes uns blogs estupendos e moi interesantes.
Bases do premio (Premio brillante Weblog):
Ó recibir o premio, hai que escribir unha entrada mostrando o mesmo e hai que citar o nome do blog ou web que cho regala e enlazalo ó post dese blog ou web que te nomea gañador.
Elixir un mínimo se sete blogs (poden ser máis) que cres que brilan pola súa temática e / ou deseño. Escribir os nomes e os enlaces a eles e avisalos de que foron premiados co premio “Brillante Weblog” (deixarlles un comentario é unha boa opción).
Opcional. Exhibir o premio con orgullo no teu blog facendo enlace ó post que ti escribes sobre el.
Hai xa uns días, rematou o prazo para votar na enquisa que publiquei cando empecei con esta bitácora, que por certo fará mañá tres meses de existencia neste universo dixital que é Internet, e francamente, os resultados foron moi agradables e positivos polo menos dende o meu punto de vista. Dita enquisa, que todos podedes visualizar na barra lateral e na que votastes 26 de vós durante os dous meses e medio que estivo aberta constaba dunha pregunta ( Gústache o meu blog? ) e tres opcións para responder das que tíñades que seleccionar unha delas ( non, está ben, sí ). Os resultados foron: “non” con cero votos, “está ben” con dous votos e un sete por cento e “ben” cun noventa e dous por cento dos votos, que pasou co un por cento é un misterio jeje…
Polo tanto só podo dicir que moitas grazas a todos por ser tan positivos co meu blog e volvo repetir que me aledan moito estes resultados.
Na barra lateral poderedes ver proximamente as novas enquisas que tratarán sobre o galego e a política.
Por fin conseguín aclararme con WordPress, e xa teño dispoñible a nova versión de d´Agolada que poderedes visitar pinchando no enlace que vos poño abaixo.
Por se non o sabedes, WordPress é a “compañía blogueira´´ con maior número de usuari@s do planeta concentrados sobre todo nos países de fala inglesa como Estados Unidos. Polo tanto, e para promover unha maior difusión da vila de Agolada “polo mundo adiante´´ teño dispoñible esta nova versión que contará con todos os artigos e comentarios publicados en Blogger e que prometo actualizar sempre que poida, iso si, non poderei adicarlle tanto tempo como fago con esta. WordPress permite ademais un sistema de clasificación de entradas diferente ó de Blogger e que pode resultar moi proveitoso para organizar mellor este caderno, agora só me queda averiguar como funciona.
Bueno e xa sen máis preámbulos deixovos o enlace da nova versión deste caderno, por favor visitádea pero non vos esquezades que esta segue e seguerá a ser a principal.

Aínda non hai nin tres meses que comecei a publicar neste caderno e hoxe, mirando no contador descubrín que xa levaba máis de mil visitas! Esta cifra, que eu considero altísima resultábame impensable hai tan só uns meses, polo tanto, gustaríame dárvos as grazas a todos os que me visitastes, en especial, ós que escribistes un comentario ou asinastes no libro de visitas facéndovos así partícipes deste blog. Polo tanto quero adicarvos esta entrada a todos vós, xa que sen a vosa colaboración e participación probablemente xa me tería cansado deste caderno. Así que só podo dicir: moitas grazas.

O calendario

diciembre 2019
L M X J V S D
« Jul    
 1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
3031  

Estadísticas do caderno

  • 592 visitantes