You are currently browsing the category archive for the ‘O Tempo’ category.

A verdade é que escribo con bastante retraso, demasiado diría eu, o verán xa empezou hai varios días, pero como se adoita dicir; mellor tarde que nunca.

Pois si, como xa dixen, chegou o verán, dende o meu punto de vista a mellor época do ano, por fin comeza a facer calor, (si, a diferencia do que opinan no telexornal de Antena3, en Galiza tamén loce o sol de cando en cando) deixa de chover, pillo vacacións, (sen dubidalo, o mellor) podo ir á praia… e un feixe de cousas máis que todos vos podedes imaxinar, tampouco é cuestión é que vos conte o meu “planning” veraniego, pero tamén para Agolada é unha boa época, xa que comeza a interminable tempada de festas, a poboación aumenta considerablemente grazas ós emigrantes, ábrense outros servizos como a piscina municipal, (creo que aquí teño outro post, xa vos contarei) e outra serie de cousas semellantes, aínda que tampouco vos creades que a situación cambia moito respecto ó inverno, máis ben todo o contrario.
Pois o dito, deséxovos un feliz verán a tod@s, ogallá o pasedes moi ben.
Por certo, volvendo á entrada anterior, vendo os vosos comentarios, moi numerosos, por certo, creo que tedes razón, o nome teño que decidilo eu, aínda que si que é certo que me gustaría ter algunha idea máis, en fin, grazas por opinar, en breve vos contarei a miña decisión.


A foto é de flickr.


Estes días de febreiro, un só tema monopoliza as nosas conversas, o tempo, ou mellor dito o bo tempo. Estamos en pleno inverno, nun dos meses máis fríos, en tempada de choivas e neves e sen embargo aquí en Agolada case non vimos chover, como anécdota contareivos que o pasado domingo no telexornal de Antena3 puxeron unha reportaxe sobre a seca na que aparecía o encoro de Portodemouros ( unha parte pertence ó noso concello ) medio baleiro, e que hoxe na previsión do tempo podíase ver que chovía ou estaba nubrado en toda España menos na nosa comunidade, de neve nin oimos falar e en canto ó frio xa andamos máis preto da camiseta curta que da chaqueta. Será cousa dun ano excepcionalmente cálido? ou do cambio climático? Dende logo como sigamos así moito máis, en vez do “país dos mil ríos´´ imos acabar converténdonos noutra Andalucía ou nalgo peor.

O calendario

diciembre 2019
L M X J V S D
« Jul    
 1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
3031  

Estadísticas do caderno

  • 592 visitantes