You are currently browsing the category archive for the ‘Sobre Agolada’ category.

Hoxe quérovos ensinar unha imaxe d´Agolada, pero non unha imaxe calquera, senón a imaxe d´Agolada dende o espazo, máis concretamente dende o satélite que utiliza google maps.
A verdade é que a imaxe non é tan clara como me gustaría, pero para facerse unha idea do que é este municipio e as súas parroquias é suficiente. Podedes acercar e alonxar a imaxe ó voso gusto, xa me contaredes que vos pareceu.

Ver mapa más grande


Anuncios
Pois sí, aquí en Agolada seguimos a voltas coas lampreas. Moitos de vós, lembraredes que xa tratei sobre este tema alá polo mes de abril, cando comezou este extraño (non sei moi ben como calificalo) fenómeno.
Resulta que polo mes xa mencionado, comezaron a aparecer troitas marcadas con dentelladas de lamprea e incluso chegouse a atrapar a algún destes escorredizos peixes no encoro de Portodemouros, algo teoricamente imposible, xa que a lamprea non pode habitar nun encoro, sen comunicación co mar, tendo en conta que é unha especie subacuática que nace no río, emigra ó mar e volve a desovar ó lugar no que naceu antes de morrer, é dicir, ten un ciclo vital semellante ó do salmón que é máis coñecido.
Daquela, aínda que se barallaba tamén a opción da evolución (algo que xa ocorreu nalgúns lagos de América), é dicir, a adaptación do ciclo de vida por parte das lampreas, a hipótese da solta das lampreas era a que semellaba máis clara, pero dous meses despois dos primeiros achazgos, esta teoría desmorónase e, por que non, imponse a da evolución. Saberémolo proximamente en canto remate o séu estudio Fernando Cobo, profesor da USC, o encargado das investigacións.
A foto pertence á asociación Río Furelos.


Outra vez volvo falar sobre a galescola que se pretende instalar en Agolada, se o fago é porque creo que é un avance moi importante para este pobo que se habiliten lugares onde os nenos poídan educarse antes de ir á escola, ademais de ser un elemento básico para que os pais e as nais poidan conciliar a vida laboral coa vida familiar sen ter que gastar cartos ou recorrer a familiares, xeralmente os avós, para que se encarguen dos seus fillos.
Hai uns días, publicouse en “La Voz de Galicia”, que o concello solicitara a instalación dunha galescola, podendo ser aprobeitado para tal fin un comedor do colexo público que permanece en desuso. Pois ben, nin unha semana máis tarde, no mesmo rotativo saíu publicada outra noticia dicindo que o comedor do colexo quedara descartado, non especifica por que e eu non quero especular, así que vouno deixar quedar así. Na contra, no xornal leíase que se podería utilizar para tal fin unha das antigas vivendas de profesores que na actualidade permanece en desuso, ou mesmo, no caso de que isto non fose viable barállase tamén a opción de construír un novo edificio.
Penso que é unha soverbia estupidez discutir por un espazo para albergar a galescola nun lugar como Agolada, no que se algo sobra é iso, espazo libre, e máis tendo en conta que é un servicio imprescindible nos tempos que corren e máis aínda coñecendo a situación demográfica na que se encontra esta vila.
Se queredes ler máis sobre a presunta futura galescola d´Agolada, visitade os posts anteriores, hai un adicado case en exclusiva a este tema.
No día de onte, aquí en Agolada, levámonos unha agradable ou non tan agradable sorpresa( segundo gustos ) ó erguernos: sobre os tellados descansaba unha pequena capa de branca neve que caera durante a noite debido ó temporal que durante estos días está “a mollar e a branquear´´ a nosa comunidade. O certo é que a nevada non foi gran cousa, simplemente cubriu os tellados das casas e os cristais dos coches pero foi o suficientemente notable para que os que quixemos saísemos a vela e lembrarnos que en Agolada tamén pode nevar.
A vila d´Agolada atópase a 581 metros de altitude polo que as nevadas non adoitan ser frecuentes e cada ano prodúcense menos debido ó efecto do cambio climático, ata o punto de que este ano aínda non viramos a neve e o noso monte máis próximo, o Farelo permaneceu todo o inverno verde, sen neve, algo que non hai tantos anos era case impensable.
Xa pasara tempo dende a última nevada notable que caeu nesta vila, en concreto, uns dous anos. Tamén resulta un pouco irónico que xusto fose nevar agora que comezou a primavera cando durante todo o inverno o tempo mantívose relativamente estable con temperaturas nin moi baixas nin moi elevadas.
As fotos son da nevada de hai dous anos e os seus efectos sobre os Pendellos e as rúas da vila.

Abandono, iso é o que cada día invade e invade as rúas d´Agolada, abandono e despoboamento. Cada día que pasa, os nosos edificios, as nosas rúas, os nosos fogares están en peor estado e amosando unha situación máis que deprimente sen que ninguén faga nada por evitalo. As casas quedan baleiras e murchas mentres que a xente vai morrendo ou marchando ás cidades. Pero eso si, atopar unha vivenda en aluguer non é sinxelo, destas casas baleiras moi poucas están en venda, nas grandes cidades non paran de construírse pisos a prezos astronómicos… e o peor: ¡Os nosos “gobernantes´´ non fan nada por evitalo! A continuación déixovos unhas imaxes d´Agolada para que xulguedes por vós mesmos.
Agolada é unha pequena vila situada no centro de Galiza, na provincia de Pontevedra e na comarca do Deza. Esta vila é a “capital´´ do concello co mesmo nome que apenas sobrepasa os 3000 habitantes e baixando. Aínda que a vila en si mesma non está mal comunicada por estrada si o están moitas das difererentes parroquias e aldeas ( o concello ten 24) que poblan o mapa deste recuncho de Galiza. Non contamos con ADSL de xeito que manter este Blog máis ou menos ó día vaime custar moito, pero en fin… aquí estou. En calquera caso vou deixar de queixarme, a iso , se podo, xa lle adicarei outra entrada e voume centrar en contarvos algo máis sobre Agolada que para iso estou aquí.

O concello conta con innumerables lugares de gran beleza paisaxística natural e cun gran número de mostras de arte humano, tanto de orixe prehistórico (mámoas, petroglifos, castros…) como de orixe posterior como as numer
osas pontes que atravesan os nosos ríos, os pazos, as construccións tradicionais… e especialmente, os Pendellos. Sobre estes teño que dicir que son unhas construcciós graníticas levadas a cabo durante o século XVIII utilizadas nas feiras e como aspecto máis curioso e destacable que son únicos neste país. En canto á vila d´Agolada teño que destacar os xa mencionados Pendellos e as ferias.

Xa para rematar, só teño que engadir que a pesar de que esta entrada teña máis ben certo tón crítico, o certo é que Agolada é un lugar moi fermoso digno de ver, cuidar e respetar.
A imaxe é dos Pendellos (Agolada).

O calendario

agosto 2019
L M X J V S D
« Jul    
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  

Estadísticas do caderno

  • 579 visitantes
Anuncios