You are currently browsing the category archive for the ‘Varios’ category.
De calquera xeito, voltemos ó verdadeiro obxetivo deste post, revitalizar o blog-xuntanza, outro espazo que non ten ningunha pinta de recuperarse se non facemos nada, xa que dende que pasou a xuntanza, ninguén, eu incluído, voltou mostrar ningún tipo de interese por el, sobre todo ultimamente. Pois ben, eu quería propoñervos a todos os blogueiros que fustes á Xuntanza e incluso a outros que non foron, importar o “modelo Elos” para o noso blogue, é dicir, que cada un de nós se comprometa a escribir un número de entradas determinado cada certo tempo utilizando para iso a última frase da entrada anterior co fin de a nosa bitácora non morra e incluso para que se sigan a organizar máis xuntanzas dende ahí, ademais de darlle un rumbo á nosa bitácora. A mín paréceme boa idea, e a vós? Por favor, comentádeme o que pensades desta iniciativa que en breve teredes publicada tamén no blog-xuntanza.
Por certo, se vos gusta Elos, tamén podedes apuntarvos, máis información aquí.
Velaquí vos deixo a última entrada que publiquei en Elos, creo que non me quedou mal.


Resulta que en Estados Unidos, país no que un de cada dez usuarios de Internet ten un blog, está de moda, despois dun divorcio, contar todo o relacionado con este e o que levou a desencadearse esa situación, e, en ocasións, difamar e criticar á túa ex-parella de xeito que ten habido ata xuízos por culpa desta actividade.
Un dos blogs con maior éxito é o protagonizado por dúas amigas de Manhattan que graban as súas conversacións sobre estos temas, cólganos na súa bitácora e logran conseguir 10.000 descargas mensuales do seu particular show, todo un logro!
Persoalmente, paréceme denigrante que algúen use un blog para airear todos os trapos sucios do quen foi a túa parella, por moito mal que esta che fixese, pero en fin, a liberdade que Internet che proporciona, tamén ten aspectos negativos.
En primeiro lugar, pedirvos desculpas por voltar a poñer un blogo-xogo, por denominalo dalgún xeito, na contra de poñer unha entrada sobre algún tema máis interesante ou simplemente por visitar menos as vosas bitácoras, pero é que ando de exames e non teño demasiado tempo para este tipo de cousas, pero prométovos que nunha semana ou así, estou xa a pleno rendemendo.
Bueno, sen máis aburridas disertacións sobre a miña vida, velaquí tedes o xogo, que, por certo, provén do blog de sao e que vos invito a facer a vós tamén, ó igual que ela me invitou a facer a mín.
Consiste en autobiografiarse a través das letras do nome do teu blog, a verdade é que o meu é moi longo, así que non sei como me quedará, bueno, vou tentalo.
d- David, o meu nome.
A- Agolada, o lugar no que vivo.
g- Pasapalabra
o- Orixinal, sempre tento buscar a orixinalidade, non sempre o consigo.
l- Lalín, o lugar onde estudio.
a- Auténtico, bueno, intento selo.
d- d´Agolada, o nome do meu blog.
a- Pasapalbra
A verdade é que non fun moi orixinal, pero este tipo de “historias”, non se me dan ben, deséxovos sorte, sobre todo a Chousa da Alcandra e a Cuspe de Pita, se se deciden a facelo, precisarana. Deixo dous ocos que non se me ocurría nada, haber se me axudades vós.
Para que esta imaxe viaxe pola blogoesfera e que moitas máis persoas poidan gozar con ela, regálovola a todos, non tedes máis que collela e se vos gusta poñédea no voso blog.
Moitas grazas Sao.
E xa por último, quería comentar un comentario que me deixou unha das organizadoras da Festa da Xuventude de Val, di o seguinte:
Hola, son membro da Comisión da Festa da Xuventude de Val, e asidua visitante dos vosos blogs, desde que os atopei un dia por casualidad no blog do meu amigo “Naufrago”. Entendo que vos poidan gustar ou non as macro-festas, pero a xente lle encantan e facer que a xente se achege a nosa aldea e o que intentamos un grupo de amigos que non vivimos en Val, pero que intentamos que ese recunchiño o que queremos non morra.Non celebramos sometes a festa da Xuventude, tamen intentamos dinamizar a Asociación Cultural Lucerna, celebramos o Fogueira do San Xoan (con sardiñada), Unha cena de Confraternidade dos veciños, a comida campestre dos Remedios. E diversas actividades culturais o longo do ano. Non he moito pero intentamos ir a mais.
Bueno, isto foi todo por hoxe, agárdovos o sábado na Xuntanza de Blogueiros.
Darlle á imaxe un breve título
Titular o post “Meme: Passion Quilt”
Enlazar esta entrada
Incluir enlaces a 5 ou máis maestros ou persoas que transmiten coñecemento.
As fotos son dos nosos principais políticos a nivel nacional, ambalas dúas están moi ben e son moi graciosas, a mín, polo menos escantáronme. En canto o tema do meme, as fotos son de políticos, un dos temas que máis me apasiona.
Non son quen de decidirme por uns ou por outros blogs, polo que se vos apetece publicar este meme, non tedes máis que collelo. Estes son algúns dos amigos blogueiros ós que llo concedo , pero en realidade é para todos, se non vos menciono e porque non teño moito tempo:
Navicularia, Interpreta-sones, Sao, Markesa de Merteuil, Veca, Apátrida e Silvana, A Zanfonista, Leoeosseus, Mencía, Sibyla, Mi Pueblo y yo, Vagalú, Enmeigada, Querer es Poder, Las cosas de la Abuela Cris, Cuspe de Pita, Isobel, Chimenea Verde, Fini, Marian, Suso Lista…
O outro día, ó abrir o buzón de correo spam leveime unha sorpresa moi agradable, entre as decenas de mensaxes de publicidade que alí se amontonan e que andan preto de saturarme, atopei un mail moi interesante. Resultou que falaba sobre un novo servizo infomático, máis concretamente blogueiro: dezablog, un “hosting” de creación de bitácoras especialmente pensado para a xente da comarca do Deza, da que forma parte Agolada. O sevizo premíteche crear o teu propio blog baseándote nunha plataforma de WordPress, polo que contas con todas as funcionalides que che ofrece dito servizo, ou ben importalo, eso si, tamén terías que usar a plataforma de WordPress. Unha das principais vantaxes deste servizo é que está en galego e ademais, as suas plantillas están decoradas con imaxes de lugares especiales desta comarca, aínda que por agora ningunha é desta vila.
.jpg)
.jpg)