Hoxe, calquera persoa que pase ou viva en Agolada, verá os carteis de “Payasolandia”, o último espectáculo ambulante que tivemos a honra de recibir en Agolada. O mencionado espectáculo, chegou o martes e actuará hoxe no pavillón municipal.
A verdade é que estes mesmos feirantes, xa estiveran nesta vila tres ou catro anos atrás cun moderado éxito de público, pero polo que semella, si o suficiente para que se animasen a voltar de novo.
O espectáculo, pensado para o público infantil, contará con intervencións de persoaxes animados de actualidade e durará máis ou menos hora e media (ou iso di nos carteis).
Semella que este esta a ser un bo ano para Agolada, polo menos nestes asuntos, posto que xa van dúas destas actividades nuns tres meses, algo insólito nestes últimos anos, ogallá sexa un síntoma de que Agolada está a espertar culturalmente e no futuro desfrutemos de máis eventos desta clase.
Falta a foto.


En primeiro lugar, pedirvos desculpas por voltar a poñer un blogo-xogo, por denominalo dalgún xeito, na contra de poñer unha entrada sobre algún tema máis interesante ou simplemente por visitar menos as vosas bitácoras, pero é que ando de exames e non teño demasiado tempo para este tipo de cousas, pero prométovos que nunha semana ou así, estou xa a pleno rendemendo.

Bueno, sen máis aburridas disertacións sobre a miña vida, velaquí tedes o xogo, que, por certo, provén do blog de sao e que vos invito a facer a vós tamén, ó igual que ela me invitou a facer a mín.


Consiste en autobiografiarse a través das letras do nome do teu blog, a verdade é que o meu é moi longo, así que non sei como me quedará, bueno, vou tentalo.

d- David, o meu nome.

A- Agolada, o lugar no que vivo.

g- Pasapalabra

o- Orixinal, sempre tento buscar a orixinalidade, non sempre o consigo.

l- Lalín, o lugar onde estudio.

a- Auténtico, bueno, intento selo.

d- d´Agolada, o nome do meu blog.

a- Pasapalbra

A verdade é que non fun moi orixinal, pero este tipo de “historias”, non se me dan ben, deséxovos sorte, sobre todo a Chousa da Alcandra e a Cuspe de Pita, se se deciden a facelo, precisarana. Deixo dous ocos que non se me ocurría nada, haber se me axudades vós.


No blog de Fini, publicouse hai pouco estas normas, ou mellor dito, ideas e ideais sobre o mundo dos blogs, e que quero publicar co fin de difundir e promocionar un modelo de blog solidario e que non ofenda a ninguén, velaquí volas deixo.

En vista de recentes acontecementos na blogosfera, os abaixo asinante, administradores/as de blogs persoais de fala hispana do mundo enteiro, queremos expresar o noso rexeite ó uso deste medio de comunicación para xerar odio, crear enemistade, facer dano, difamar, inxuriar, insultar e para enganar.

Rexeitamos:

-A suplantación da identidade nos blogs e na Internet, en xeral, como medio para desprestixiar a unha persoa e sembrar a desconfianza entre as súas amizades e lectores.

-O uso do correo electrónico e dos blogues como medio rápido de desprestixio das persoas, facendo circular en masa e indiscriminadamente mensaxes cheos de acusacións das que en ningún momento se presenta proba algunha, pola pura intención de facer dano a alguén con quen exista unha enemizade persoal.

Apoiamos:

-Un modelo de blogue no que por suposto se defenda a xustiza, pero no que tamén se cultiven sobre toda a amizade e o bo ton e a cortesía entre os que participen nel de un modo ou doutro.

-Un modelo de blog libre de insultos, de odio e de cizaña, e en consecuencia, apoiamos o dereito absoluto do administrador do blog a suprimir e rexeitar calquera comentario que se deixase coa sola intención de facer dano ou facer dano a terceiros impunemente.

-A denuncia ante as autoridades nacionais dos casos de difamación, inxurias, ameazas e outros que se aprobeiten do anonimato de Internet para facer máis dano con menor risco.

Pedimos ós nosos lectores e lectoras, amigos e amigas.

-Que reproduzan este post nos seu blogues e engada a súa sinatura como reforzo dun ambiente grato e pacífico nos seus blogs.

-Ás autoridades dos distintos estados que non permitan a impunidade no uso do blog e de Internte en xeral como instrumento de mentiras, difamacións nin ameazas.

-Ás distintas plataformas que aloxan blogs en toda a rede que habiliten os mecanismos precisos para impedir que no futuro as maniobras daninas que aquí denunciamos.

Os administradores de blogs que participamos nesta iniciativa colaboraremos en canto nos sexa posible no descubrimento e na denuncia dos casos que se presenten dos aquí mencionados, e pedimos para elo a colaboración e a boa fe de todos.

Asinado, os administradores e administradoras de:

http://www.chupateesamandarina-chych.blogspot.com/, Argentina

http://www.cinecuentos.blogspot.com/, Uruguay

http://www.drgoliamiguel.blogspot.com/, Argentina

http://www.elchologranhermano.blogspot.com/, Argentina

http://www.encendidaenbuenosaires.blogspot.com/, Argentina

http://www.sentado-frente-al-mundo.blogspot.com/, Ecuador

http://www.tenasantiago.blogspot.com/, España

http://anabelio.blogspot.com/, España

http://lagrimasdemar.blogspot.com/, España

http://ficalmo.blogspot.com/, España

http://www.dagolada.blogspot.com/, Galiza

Se estades de acordo, xa sabedes, copiar e pegar.

Desta vez, só vos vou mostrar imaxes deste fermoso acto, agardo que vos gusten, e se asististes, que vos evoquen agradables recordos deste fermoso sábado 31 de maio.

























Pois amigos blogueiros, por fin chegou o día da tan agardada Xuntanza, dunha vez por todas puidemos “poñernos cara” uns ós outros, coñecernos e charlar sen un monitor diante. Como estaba previsto, seguiuse o programa e a xornada foi todo un éxito.

As condicións climáticas acompañaron e creo que podo dicir que todos desfrutamos e nos divertimos mentres nos coñecíamos.

Resulta incrible coñecer en persoa a aquela xente coa que día tras día te comunicas, compartes opinións, sentimentos… a través da rede, non son describilo con palabras, é unha sensación única que recomendo vivir, penso que todos os blogueiros, deberían participar algunha vez nun acto destas características, estou seguro de que repetirían. Comprobar se o escritor de tal blog era tal como o imaxinabas, se non se parece en nada, falar con el e coñecer a outra xente que nin sequera sabías que tiña o seu espazo cibernético é realmente marabilloso.

A xornada comezou na praza do concello coa Charanga Chirinjota, logo trasladámonos ós Pendellos, onde todos os blogueiros expoñemos os nosos pensamentos e opinións relacionados co mundo dos blogs (nunca tanta vergoña pasei). Logo, fumos xantar ó restaurante e emprendemos a rota de sendeirismo polo sobreiral do arnego. Isto último, foi, para min, o máis agradable, xa que ademais da beleza do entorno, todos os blogueiros aprobeitamos para charlar animadamente e coñecernos mellor, persoalmente, creo que hai blogueiros e blogueiras do máis simpático, divertido e extrovertido que desterran o tópico de que os amantes dos blogs somos xente tímida e introvertida aínda que no meu caso si que se cumpra. Incluso se animaron a facer esta ruta dous pais co seu fillo pequeno, o Leíño, e un blogueiro con muletas, Prometeo, que tivo moitas dificultades para superar os obstáculos que ten unha ruta destas características pero que ó final, con forza de vontade e botándolle collóns foi quen de superar.


Despois desta rota, volvemos ó recinto de Os Pendellos, onde volveron a actuar a Zanfonista e o fixeron por primeira vez no día Maruxa de Fuxan os Ventos e o dúo de corda protagonizado por Almudena Vidal e Blanca Bello. Pechou a xornada o meu amigo Dany de asbeirasdoarnego cun só de clarinete.



Na primeira foto, aparece Blanca Bello nun momento da súa interpretación, na segunda, podedes ver a Dany de asbeirasdoarnego e a última é unha vista xeral de todos os participantes da Xuntanza no Sobreiral do Arnego.


Vou comezar pois pola noticia, lembrades que na entrada “estrada a ningunha parte”, queixábame de que había animais ceibes, especialmente cans e vacas. Pois ben, este domingo publicouse en La Voz de Galicia que a asociación ecoloxista d´Agolada, Naturviva, denunciou o abandonono intensivo de cans na zona de Brantega. Estes animais, terían como orixe un coto de caza próximo e serían rexeitados polos seus donos por non cumplir o nivel esixido durante a caza. Como vedes, aínda segue habendo xente tan desprezable que é capaz de abandonar un can só porque non lle serve para practicar a caza, con todo o que isto supón para o propio animal e para as persoas do lugar como ben me queixei eu no post anteriormente mencionado.
Vou agora co agasallo. Resulta que o outro día, Sao, unha excelente blogueira portuguesa, agasollume a mín, e a outros blogueiros con esta marabillosa foto:



Para que esta imaxe viaxe pola blogoesfera e que moitas máis persoas poidan gozar con ela, regálovola a todos, non tedes máis que collela e se vos gusta poñédea no voso blog.

Moitas grazas Sao.

E xa por último, quería comentar un comentario que me deixou unha das organizadoras da Festa da Xuventude de Val, di o seguinte:

Susi dijo…

Hola, son membro da Comisión da Festa da Xuventude de Val, e asidua visitante dos vosos blogs, desde que os atopei un dia por casualidad no blog do meu amigo “Naufrago”. Entendo que vos poidan gustar ou non as macro-festas, pero a xente lle encantan e facer que a xente se achege a nosa aldea e o que intentamos un grupo de amigos que non vivimos en Val, pero que intentamos que ese recunchiño o que queremos non morra.Non celebramos sometes a festa da Xuventude, tamen intentamos dinamizar a Asociación Cultural Lucerna, celebramos o Fogueira do San Xoan (con sardiñada), Unha cena de Confraternidade dos veciños, a comida campestre dos Remedios. E diversas actividades culturais o longo do ano. Non he moito pero intentamos ir a mais.

Bueno, en primeiro lugar quería dicirvos que me aledo de que sigas este blog e os seus contidos. Paréceme moi ben o que facedes, festa incluída, creo que é moi importante para esta vila que a xente xove coma vós ou como podo ser eu, nos movilicemos para, polo menos, tentar que este pobo e as súas aldeas non morran. Eu non dixen nada malo sobre a festa, só mencionei que non me gustaban este tipo de actos e que me parecían excesivamente caros, algo que sigo pensando. De calquera xeito, si que é certo que á xente lle encantan e este ano, segundo me contaron, a festa foi todo un exitazo. Felicidades.
Por certo, se me enviades algo máis de información sobre as vosas actividades, adícovos unha entrada promocionándovos, tedes o meu mail na barra dereita.

Bueno, isto foi todo por hoxe, agárdovos o sábado na Xuntanza de Blogueiros.


Xa sei que non ten nada que ver con Agolada, pero é que este fin de semana, recibín o meu primeiro Meme, concedeumo Pablo , aínda que máis tarde tamén recibín este mesmo meme por parte de Cris, a ámbolos dous, dóulles as grazas, agardo que vos gusten as fotos.
Aquí van as normas:
Postear unha imaxe ou facer/tomar/crear unha propia que capture o que máis TE APASIONE que sexa aprendido.

Darlle á imaxe un breve título

Titular o post “Meme: Passion Quilt”

Enlazar esta entrada

Incluir enlaces a 5 ou máis maestros ou persoas que transmiten coñecemento.
Como me enviaron duas veces o mesmo meme, vou poñer dúas fotos, velaquí as tedes:

As fotos son dos nosos principais políticos a nivel nacional, ambalas dúas están moi ben e son moi graciosas, a mín, polo menos escantáronme. En canto o tema do meme, as fotos son de políticos, un dos temas que máis me apasiona.

Non son quen de decidirme por uns ou por outros blogs, polo que se vos apetece publicar este meme, non tedes máis que collelo. Estes son algúns dos amigos blogueiros ós que llo concedo , pero en realidade é para todos, se non vos menciono e porque non teño moito tempo:

Navicularia, Interpreta-sones, Sao, Markesa de Merteuil, Veca, Apátrida e Silvana, A Zanfonista, Leoeosseus, Mencía, Sibyla, Mi Pueblo y yo, Vagalú, Enmeigada, Querer es Poder, Las cosas de la Abuela Cris, Cuspe de Pita, Isobel, Chimenea Verde, Fini, Marian, Suso Lista…


En primer lugar, os pido perdón por no escribir esta entrada en gallego y romper así con la costumbre, pero no me pareció apropiado traducir una historia escrita originalmente en castellano.
Resulta que he sido elegido por Markesa de Merteuil para continuar con la iniciativa “La historia interminable”, cuyas normas os muestro a continuación, consistente en la elaboración de una historia entre muchos blogueros con la aportación de dos frases por parte de cada uno de ellos.
Las reglas son las siguientes:
1. Cada persona pondrá el nombre de su blog delante de sus frases.
2. Enviará la historía a dos personas.
3. Las siguientes personas, al copiar el post, borrarán las direcciones de blog puestas, harán sus dos líneas y se las mandarán a otras dos, así sucesivamente.
4. No se puede devolver el post a la persona que te lo envio.
5. Y si te vuelve a tocar, no se la puedes enviar a la misma persona que se la enviaste.
6. El blog número 100 terminará la historia y se la mandará al email leinad19xico@hotmail.com.
7. Si tenéis alguna duda ya sábeis donde localizarme.
8. ¡Ah! Última y muy importante regla, la persona a la que aviseis de que es la siguiente, sólo tiene un día para coger el relevo, si en un día no lo ha hecho no vale, y se lo teneis que comunicar y cambiar de blog.Si esto sale bien, durará un máximo de 100 días y serán unas 1000 frases. El responsable de la idea es http://www.melees.blogspot.com/.
Éste es el relato:
Era impensable, no me lo podía creer, mi mente daba vueltas una y otra vez y no conseguía ser consciente de lo que había pasado, ya no había vuelta atrás, era todo tan confuso. Miré durante unos instantes el martillo ensangrentado, lo envolví en un paño que encontré en el primer cajón de la cómoda y lo escondí en el fondo del armario. A los tres minutos me encontraba en la calle, necesitaba airearme, pensar…En aquellos momentos mi mente aún no estaba preparada para ello… el aire gélido de la mañana cortaba mi rostro como un cuchillo acerado, aún sentía en mi pecho el ritmo acelerado de mi corazón sobresaltado por los espeluznantes hechos que había, en fracciones de segundo, vivido…Aún no podia explicarme cómo demonios había llegado el martillo hasta mis manos y porqué reaccioné de la forma tan brutal como lo hize… Sólo sé que había acabado todo, que era el fin de mi tortura y el comienzo de una vida mejor. Por primera vez, me senti libre.Habia logrado lo que estaba deseando hace mucho tiempo. ¿O realmente yo no lo había deseado nunca? Solamente las circunstancias me habían hecho llegar a aquel extremo en el que me encontraba. No, seguro que detras de todo aquello habia una fuerza misteriosa que me apoyaba. La pregunta era ¿Por que?. Sacudí la cabeza.No me debía engañar por mas tiempo, no, yo yá se mi verdad, pero al estar dormitando tantos segundos de mi vida me vá a costar desperezarla. Tal vez, la bruja de mi suegra no merecía brecha de tales dimensiones en su cráneo. Sin embargo, por una vez, creía haber hecho lo correcto. Por otra parte si yo no la hubiese atacado a ella quizás ahora sería yo la victima. Porqué a decir verdad la relación con mi suegra siempre había sido de amor-odio.Pero ya habia pasado todo y no era hora de pensar en “si hubiera sido de otra forma”. Ahora tenia que esplicarle a mi pequeña hija Andrea que ya no veria mas a su malvada y querida abuelita. Sentí un ruido lejano, parecían las agujas de un reloj y esto hizo que me sobresaltara. Estaba un poco aturdida, se trataba sólo de un mal sueño? Me dirigí al último cajón donde creía haberlo guardado y…….Markesa Merteuil: toqué algo frío y húmedo. Algo extrañamente húmedo en un cajón. d´Agolada Retiré la mano instantáneamente, me asusté, aquel objeto no me resultaba familiar, pero la duda me carcomía por dentro. La eterna lucha entre la curiosidad y la prudencia, pues yo, en el fondo, sabía que debería cerrar ese cajón para siempre y olvidarme de lo que había tocado, pero no fui capaz de resistirme y volví a introducir temblorosamente la mano……..
La verdad es que la historia está realmente interesante ¿Qué es lo que abrá en el cajón?, estoy seguro de que las siguientes personas, sabrán continuar con esta historia a la perfección:
Por cierto, muchas gracias por confiar en mí, Marquesa, me ha encantado participar en esta iniciativa.


Estos días, que empeza a facer bo tempo, estou saíndo a percorrer as pequenas estradas e pistas que atravesan dun lado a outro este concello na bicicleta, encántame perderme entre o verdadeiro laberinto de camiños asfaltados e sen asfaltar que nos arrodean. A verdade, é que non estou indo especialmente lonxe, pero para ir poñéndome en forma cara o verán, está bastante ben, de calquera xeito, non quería falarvos sobre isto, senon sobre os perigos que os ciclistas ou simplente, a xente á que lle gusta pasear se pode atopar percorrendo o rural. Aparte dos coches, é moi común que, cando menos o agardas e máis tranquilo te atopas pedaleando ou camiñando, che saían unha morea de cans soltos, e comecen a perseguirte como se dun criminal te tratases, ou as vacas, que en moitas ocasións, viaxan totalmente soas e aínda que normalmente non adoiten “ir a por ti”, impoñer si que impoñen. Hoxe mesmo, saíume un rabaño de vacas cos seus respectivos cans, (vamos, todo un dous por un) mentres eu ía tranquilamente pola estrada, iso si, do dono, nin rastro, ademais, era por unha estrada asfaltada, non por calquera lugar.
Con todo isto, quero dicir, que deberían existir leis que regulen a tenencia de animais ceibes en zonas de paso, ou se as hai, deberían ser aplicadas con maior dureza polo ben de todos, isto podería axudar a diminuír as “estradas a ningunha parte”, a fin de contas, tamén é seguridade vial.

Por fin parece que se achega a agardada Xuntanza de blogueiros d´Agolada, máis concretamente, é o día 31 deste mesmo mes. Xa está todo organizado, e o programa é do máis interesante: (logo vos digo onde podedes velo todo máis detalladamente) actuacións musicais, xantar todos xuntos, rutas de sendeirismo… vamos, todo un “planazo”.
Esta Xuntanza, pretende ser unha reunión entre blogueiros de todos os lugares, no que, nun entorno idílico, un ambiente magnífico e acompañados de boa música, nos coñezamos todos á vez que desfrutamos das actividades anteriormente descritas, falamos sobre as nosas bitácoras, sobre que opinamos da rede, por que nos metimos nesto dos blogs…

A mágoa, é que o número de apuntados é moi baixo, a todos nos gustaría que vos apuntarades máis blogueiros para que, esta festa, mereza realmente a pena, lembrade o dito popular:

Cantos máis sexamos, mellor o pasaremos.

Así que, se vos interesa, anotádevos canto antes que o prazo remata en dous días. Pinchade aquí para máis información.


O calendario

diciembre 2019
L M X J V S D
« Jul    
 1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
3031  

Estadísticas do caderno

  • 592 visitantes