Nesta, a vila d´Agolada se hai algo que foi importante, iso é a feira, a feira do doce. A importancia da feira foi tal que este pobo naceu grazas a ela. No lugar no que actualmente se atopa esta vila, no pasado só se celebraba a feira e co paso do tempo, casa a casa, foi constituíndose este pobo arredor dese recinto inicial, primeiro cos Pendellos e máis tarde cas primeiras casas.
Na actualidade a feira «anda de capa caída´´, cada mes redúcense aínda maís o número de animais que se venden no recinto superior e o número de postos que se instalan polas rúas (estes redúcense en menor medida) ante a pasividade do noso concello.
Déixovos un vídeo que atopei en youtube, no que se ve como é a feira, o certo é que non é ningunha xoia pero para facerse unha idea é suficiente, agardo que vos guste.