Dende hai uns días, os agolenses e calquera persoa que pase polo noso pobo pode ver os carteis que o Circo Roma puxo en case todas as farolas e baixos baleiros ( que non son poucos ) ou ben escoitar o coche con altavoces que pasa todos os días á hora da sesta anunciando as funcións que dito circo levará a cabo hoxe, mañá sábado e o domingo no campo da feira d´Agolada.
Non sei que tal estará a función, o que sí podo dicir é que é bastante grande, na súa carpa collen mil cincocentas persoas, e por fora parece relativamente moderno, pero xa xulgaredes por vós mesmos vendo as fotos.
O que si que parece é que non son moi serios en canto ó papeleo xa que segundo publicou «La voz de Galicia´´, o martes, durante unha inspección, o Seprona detectou irregularidades na identificación de dezaoito animais de todos os tipos, en definitiva, que carecían dela. Pero isto non é tal vez o peor, xa que hoxe revisando os arquivos do mesmo periódico descobrín que estiveran a piques de ser expulsados de Lalín por pretender estacionarse e actuar no aparcamento do Haley sen permiso municipal, a autorización conseguírona media hora antes do comezo da función.
Pero aparte de todo esto, o máis deprimente sobre todo dende o punto de vista dun agolense é que viñeron aquí de «rebote´´, xa que pensaban actuar en Vila de Cruces pero non atoparon un espazo onde montar a súa carpa e ó final decidiron quedarse en Agolada.
Aínda que a carta de presentación non é precisamente boa, haberá que ver se son bos sobre a pista ou se son tan trapalleiros como na vida real, así que eu anímovos a que veñades a velo.
Velaquí tedes a páxina de « La voz de galicia´´ da que saquei toda a información por se queredes ampliala: