You are currently browsing the category archive for the ‘Os Pendellos’ category.

Botando unha ollada na rede atopei este vídeo dos Pendellos, non é especialmente bo pero serve para facerse unha idea do que é este marabilloso recinto, ademais de que o video conta cunha música moi agradable e bonita. Proximamente falareivos outra vez sobre os Pendellos dende un punto de vista histórico que xa case teño preparada a entrada. Espero que algún día visitedes este fermoso recinto, merecerá a pena. A última nova deste é que a Deputación Provincial de Pontevedra acaba de comprar outra tandada de Pendellos.

Dende xa hai uns meses, unha das casas que forma parte do conxunto arquitectónico dos Pendellos está en obras, vamos que a están reformando. A casa «afortunada» non está situada dentro do núcleo principal dos Pendellos senón que se atopa a unha altura un pouco superior, situada á dereita do Concello. A mencionada reforma non vai moi adiantada xa que por agora só quitaron as pedras que formaban o antigo chan e tiraron algúns tabiques ( segundo me contaron ) pero bueno por algo se comeza.
Resulta moi esperanzador que por parte de particulares se leven a cabo iniciativas deste tipo que contribúen ó desenvolvemento e á recuperación da vila d´Agolada, sobre todo tendo en conta a actitude pasiva e inútil do Concello e da Deputación que a pesares da presión exercida pola Asociación Amigos dos Pendellos seguen sen facer nada para contribuír á recuperación desta vila.

Precisaría maís dunha vida e todo o caderno para contarvos todo o relacionado cos Pendellos e aínda así non sería nada comparado co que se merecen, pero bueno, vouvos contar algo sobre eles e deixarvos unhas fotos para que aínda que sexa a través da rede os coñezades.
A vila d´Agolada garda dende o século XVIII un interesantísimo conxunto arquitectónico que durante máis de 200 anos acolleu unha das máis concorridas feiras da Galiza interior. Este interesante recinto recibe o nome dos Pendellos d´Agolada. Co paso do tempo especialmente na década dos 70 o estado deste recinto foise deteriorando especialmente en 1977 cando se derrubaron 12 pendellos para construír unha rúa de cemento e con alcantarillado ( a rúa profanada foi a da Parranda). A desfeita continuou un ano despois cá construcción da praza do concello.
Nos anos 90 o Concello e a Xunta promoveron un campamento de traballo para mozos que restauraron o recinto e o deixaron presentable ata que anos despois, xa na actualidade, os Pendellos volven a presentar un estado ruinoso e deplorable.
Como xa dixen, precisaría todo o caderno para falar dos Pendellos, así que vouno deixar por oxe, noutro momento continuarei contándovos máis cousas sobre este tema, sinto moito tervos aburrido coa historia deste recinto. Na próxima entrada que lle adique a este tema prometo ser máis ameno.

O calendario

May 2024
L M X J V S D
 12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031  

Estadísticas do caderno

  • 649 visitantes