You are currently browsing the daily archive for May 21, 2008.


Por fin parece que se achega a agardada Xuntanza de blogueiros d´Agolada, máis concretamente, é o día 31 deste mesmo mes. Xa está todo organizado, e o programa é do máis interesante: (logo vos digo onde podedes velo todo máis detalladamente) actuacións musicais, xantar todos xuntos, rutas de sendeirismo… vamos, todo un «planazo».
Esta Xuntanza, pretende ser unha reunión entre blogueiros de todos os lugares, no que, nun entorno idílico, un ambiente magnífico e acompañados de boa música, nos coñezamos todos á vez que desfrutamos das actividades anteriormente descritas, falamos sobre as nosas bitácoras, sobre que opinamos da rede, por que nos metimos nesto dos blogs…

A mágoa, é que o número de apuntados é moi baixo, a todos nos gustaría que vos apuntarades máis blogueiros para que, esta festa, mereza realmente a pena, lembrade o dito popular:

Cantos máis sexamos, mellor o pasaremos.

Así que, se vos interesa, anotádevos canto antes que o prazo remata en dous días. Pinchade aquí para máis información.


O calendario

May 2008
L M X J V S D
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  

Estadísticas do caderno

  • 649 visitantes