You are currently browsing the daily archive for May 24, 2008.

Estos días, que empeza a facer bo tempo, estou saíndo a percorrer as pequenas estradas e pistas que atravesan dun lado a outro este concello na bicicleta, encántame perderme entre o verdadeiro laberinto de camiños asfaltados e sen asfaltar que nos arrodean. A verdade, é que non estou indo especialmente lonxe, pero para ir poñéndome en forma cara o verán, está bastante ben, de calquera xeito, non quería falarvos sobre isto, senon sobre os perigos que os ciclistas ou simplente, a xente á que lle gusta pasear se pode atopar percorrendo o rural. Aparte dos coches, é moi común que, cando menos o agardas e máis tranquilo te atopas pedaleando ou camiñando, che saían unha morea de cans soltos, e comecen a perseguirte como se dun criminal te tratases, ou as vacas, que en moitas ocasións, viaxan totalmente soas e aínda que normalmente non adoiten «ir a por ti», impoñer si que impoñen. Hoxe mesmo, saíume un rabaño de vacas cos seus respectivos cans, (vamos, todo un dous por un) mentres eu ía tranquilamente pola estrada, iso si, do dono, nin rastro, ademais, era por unha estrada asfaltada, non por calquera lugar.
Con todo isto, quero dicir, que deberían existir leis que regulen a tenencia de animais ceibes en zonas de paso, ou se as hai, deberían ser aplicadas con maior dureza polo ben de todos, isto podería axudar a diminuír as «estradas a ningunha parte», a fin de contas, tamén é seguridade vial.

O calendario

May 2008
L M X J V S D
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  

Estadísticas do caderno

  • 649 visitantes