You are currently browsing the daily archive for May 31, 2008.

Pois amigos blogueiros, por fin chegou o día da tan agardada Xuntanza, dunha vez por todas puidemos «poñernos cara» uns ós outros, coñecernos e charlar sen un monitor diante. Como estaba previsto, seguiuse o programa e a xornada foi todo un éxito.

As condicións climáticas acompañaron e creo que podo dicir que todos desfrutamos e nos divertimos mentres nos coñecíamos.

Resulta incrible coñecer en persoa a aquela xente coa que día tras día te comunicas, compartes opinións, sentimentos… a través da rede, non son describilo con palabras, é unha sensación única que recomendo vivir, penso que todos os blogueiros, deberían participar algunha vez nun acto destas características, estou seguro de que repetirían. Comprobar se o escritor de tal blog era tal como o imaxinabas, se non se parece en nada, falar con el e coñecer a outra xente que nin sequera sabías que tiña o seu espazo cibernético é realmente marabilloso.

A xornada comezou na praza do concello coa Charanga Chirinjota, logo trasladámonos ós Pendellos, onde todos os blogueiros expoñemos os nosos pensamentos e opinións relacionados co mundo dos blogs (nunca tanta vergoña pasei). Logo, fumos xantar ó restaurante e emprendemos a rota de sendeirismo polo sobreiral do arnego. Isto último, foi, para min, o máis agradable, xa que ademais da beleza do entorno, todos os blogueiros aprobeitamos para charlar animadamente e coñecernos mellor, persoalmente, creo que hai blogueiros e blogueiras do máis simpático, divertido e extrovertido que desterran o tópico de que os amantes dos blogs somos xente tímida e introvertida aínda que no meu caso si que se cumpra. Incluso se animaron a facer esta ruta dous pais co seu fillo pequeno, o Leíño, e un blogueiro con muletas, Prometeo, que tivo moitas dificultades para superar os obstáculos que ten unha ruta destas características pero que ó final, con forza de vontade e botándolle collóns foi quen de superar.


Despois desta rota, volvemos ó recinto de Os Pendellos, onde volveron a actuar a Zanfonista e o fixeron por primeira vez no día Maruxa de Fuxan os Ventos e o dúo de corda protagonizado por Almudena Vidal e Blanca Bello. Pechou a xornada o meu amigo Dany de asbeirasdoarnego cun só de clarinete.



Na primeira foto, aparece Blanca Bello nun momento da súa interpretación, na segunda, podedes ver a Dany de asbeirasdoarnego e a última é unha vista xeral de todos os participantes da Xuntanza no Sobreiral do Arnego.


O calendario

May 2008
L M X J V S D
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  

Estadísticas do caderno

  • 649 visitantes