You are currently browsing the daily archive for May 10, 2008.

O outro día, ó abrir o buzón de correo spam leveime unha sorpresa moi agradable, entre as decenas de mensaxes de publicidade que alí se amontonan e que andan preto de saturarme, atopei un mail moi interesante. Resultou que falaba sobre un novo servizo infomático, máis concretamente blogueiro: dezablog, un «hosting» de creación de bitácoras especialmente pensado para a xente da comarca do Deza, da que forma parte Agolada. O sevizo premíteche crear o teu propio blog baseándote nunha plataforma de WordPress, polo que contas con todas as funcionalides que che ofrece dito servizo, ou ben importalo, eso si, tamén terías que usar a plataforma de WordPress. Unha das principais vantaxes deste servizo é que está en galego e ademais, as suas plantillas están decoradas con imaxes de lugares especiales desta comarca, aínda que por agora ningunha é desta vila.

Por suposto, xa contades cunha nova versión deste blog que prometo actualizar de cando en cando. www.dagolada.dezablog.com
En definitiva, un servizo que pode axudar a que esta comarca, e con ela Agolada, se infomaticen e se den a coñecer na rede, aínda que no noso caso con moito esforzo xa que carecemos de ADSL, pero en fin, «Impossible is nothing».

O calendario

May 2008
L M X J V S D
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  

Estadísticas do caderno

  • 649 visitantes